terça-feira, 28 de outubro de 2014

Semana do Samaín


EOI de Ourense

Este ano o  Equipo de Dinamización Lingüística (ENDL) queremos celebrar a “Semana do Samaín”. Será do 2 ao 7 de novembro.  Para iso imos montar un escenario con lápidas ( Coma se fose un camposanto) nun corredor. Convidámosvos a participar desde os vosos departamentos  tratando de implicar o alumnado.

A actividade consistiría en:
1. Traballar a arte das “frases lapidarias”, elaborar epitafios chistosos ou ocorrentes ou  reproducir algúns destes famosos ou coñecidos.
2. Esta actividade realizarase no idioma que cada un imparte e mais  en galego  ou  só en galego.
3. Os epitafios expoñeranse nas lápidas situadas no corredor
Na conserxería deixaremos algúns modelos do papel axeitado  para escribir.

Esta actividade vai dirixida a toda a comunidade educativa. 

Sem comentários:

Enviar um comentário