EOI de Ourense
Este ano o Equipo de Dinamización Lingüística (ENDL) queremos celebrar a “Semana do Samaín”. Será do 2 ao 7 de novembro. Para iso imos montar un escenario con lápidas ( Coma se fose un camposanto) nun corredor. Convidámosvos a participar desde os vosos departamentos tratando de implicar o alumnado.
A actividade consistiría en:
1. Traballar a arte das “frases lapidarias”, elaborar epitafios chistosos ou ocorrentes ou reproducir algúns destes famosos ou coñecidos.
2. Esta actividade realizarase no idioma que cada un imparte e mais en galego ou só en galego.
3. Os epitafios expoñeranse nas lápidas situadas no corredor
Na conserxería deixaremos algúns modelos do papel axeitado para escribir.
Esta actividade vai dirixida a toda a comunidade educativa.
Sem comentários:
Enviar um comentário